Parabens e felicidade

Un agasallo especial

Envía ese detalle especial para felicitar e alegrarlle o día a alguén. Un lote gourmet con produtos delicatesen elaborados en Galicia por pequenas marcas locais. Licor, queixo, chourizo, salchichón, cervexa e marmelada para darse unha homenaxe. Estes produtos, son pura felicidade!

Déixanos nas notas do pedido unha mensaxe especial e farémoslla chegar xunto co teu pedido ao seu destinatario ou destinataria.

49,00

Quedan 0 Uds.

Esgotado

SKU: FELICIDADES Categorías: ,

Descripción

Unha caixa de produtos gourmet elaborados de forma artesanal en Galicia con materias primas da máis alta calidade. Licor, queixo, chourizo, salchichón, cervexa e marmelada pensado para compartir un momento especial, aínda que sexa na distancia.

Licor de sabugueiro

O licor de sabugueiro Carabuñas elabórase artesanalmente con augardente de uva e bagas de sabugueiro maduras. As bagas seleccionadas macéranse en augardente galego de alta calidade. Unha maceración lenta, que dá como resultado un licor de excelente calidade.

Chourizo e Salchichón de porco celta

Dous embutidos gourmet de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. A cooperativa Tres Fuciños está formada por explotacións que crían os seus animais en semiextensivo nos montes galegos, cunha alimentación que aproveita os recursos da zona, como a landra, castaña ou remolacha. Por este motivo a carne é dunha calidade excelente, algo que se nota no sabor destes embutidos.

Cervexas Carabuñas de flor e baga de sabugueiro

Dúas botellas de cervexa ecolóxica Carabuñas, unha de cada variante que embotellamos, para poder facer unha degustación e descubrir as nosas cervexas artesanais.

Queixo O Mouro, Campo Capela
O queixo semicurado O Mouro caracterízase por unha corteza dura a base de café e canela e un interior brando e cremoso con notas a iogur e nata. Está elaborado con leite cru das propias vacas da cooperativa Campo Capela. Foi premiado coa medalla de ouro no World Cheese Award 2018.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

O punto doce para esta cesta é a nosa marmelada de sabugueiro. Con certificación ecolóxica, elaborada de forma artesanal e cun 70% de froita.

Contido do estoxo
  • Licor de Sabugueiro Carabuñas
  • Chourizo porco celta Cooperativa 3 Fuciños
  • Salchichón porco celta Cooperativa 3 Fuciños
  • Cervexa flor de sabugueiro Carabuñas
  • Cervexa baga de sabugueiro Carabuñas
  • Queixo O Mouro de Cooperativa Campo Capela
  • Marmelada de sabugueiro ecolóxica Carabuñas

Información adicional

Peso 2.2 kg