Grandes Praceres

Grandes praceres

Un lote regalo para gozar de dous dos grandes praceres da vida: a gastronomía e a lectura.

A esta edición de luxo en galego do clásico da literatura inglesa ‘ Frankestein’, sumámoslle as nosas cervexas de flor de sabugueiro e o queixo O Mouro, premiado ca medalla de ouro nos World Cheese Awards de 2018

48,00

27 dispoñibles

SKU: PACK GRANDES PRECERES Categorías: , , ,

Descripción

Unha lectura gourmet maridada cuns produtos delicatesen, é a nosa proposta para regalar algo especial e diferente.

Libro ‘Frankestein ou o prometeo moderno’ e libreta

Unha versión inédita en galego de todo un clásico da literatura inglesa. ‘Frankestein ou o prometeo moderno’ está editado por Aira Editorial, con ilustracións de Miguel Robledo e traducido por Samuel Solleiro. A obra de Mary Shelley ademais de aventuras e intrigas, afonda en profundas reflexións filosóficas. Este libro obtivo o premio da Gala do Libro Galego á mellor tradución do 2019, por trasladar á perfección a lingua orixinal, mantendo o ritmo e a forza da narrativa.

Cervexa artesanal flor de sabugueiro Carabuñas

Dúas cervexas ecolóxicas e con carácter, para acompañar esta lectura. Elaborada con flores de sabugueiro, é unha cervexa con toques afrutados e herbáceos.

Queixo O Mouro
O queixo semicurado O Mouro caracterízase por unha corteza dura a base de café e canela e un interior brando e cremoso con notas a iogur e nata. Está elaborado con leite cru das propias vacas da cooperativa. Foi premiado coa medalla de ouro no World Cheese Award 2018.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.

Contido do lote
  • Cervexa de flor de sabugueiro (2 unidades, 33 cl)
  • Edición de luxo en galego da novela ‘Frankestein’
  • Libreta ‘Frankestein’
  • Queixo O Mouro

Información adicional

Peso 3 kg