Descripción
O sabugueiro florece entre os meses de abril e xuño. A súa flor posúe un aroma agradable e é comestible. Ten propiedades antiinflamatorias e emprégase para aliviar enfermidades das vías respiratorias ou para as dores musculares, entre outros usos.
Recollemos a flor do sabugueiro fresca nas nosas plantacións ecolóxicas de Sambucus Nigra L. (variedade atlántica de Galicia e o norte de Portugal). Seleccionamos as flores e recollémolas no momento óptimo para o seu consumo e conservación. O resultado é un produto ecolóxico de alta calidade, colleitado con mimo, embalado con delicadeza e que enviamos en transporte refrixerado, coa temperatura controlada para manter o frío e que as flores cheguen nun estado óptimo ata o teu domicilio.
Aproveitamos que estamos en tempada de floración para invitarvos a descubrir a flor de sabugueiro fresca, en caixas de 2, 5 ou 10 kilos. Podedes empregala para preparar unha bebida refrescante para os días de calor, ou gardala en seco para usar como infusión.
A flor de sabugueiro conta con múltiples usos culinarios. Unha das receitas máis populares son os buñuelos de flor de sabugueiro. Aínda que tamén podedes atrevervos co xeado, a torta, a compota de mazá ou o iogur.
O envío deste produto farase coincidindo cos días de recolección e o envío. Avisaremos dos envío a través de correo electrónico.
Bebida refrescante con flor de sabugueiro
Ingredientes:
- 100 gr de flores frescas
- 1 litro de auga
- 600 gr de azucre ou panela
- 1 limón
Proceso:
- Poñer as flores con limón e auga nun recipiente
- Deixar macerar 12 horas
- Quentar ata o punto de ebulición
- Retirar o líquido e coar
- Engadir o azucre e remexer ata que se disolva
- Gardar en botes de cristal
Consumo:
- 2 culleres sopeiras de concentrado
- Vaso de auga fría
- Zume de limón ao gusto