Descripción
Un estoxo con pura identidade Carabuñas, con tres dos produtos máis valorados polos nosos clientes.
Marmelada ecolóxica de sabugueiro
Unha confitura extra de alta calidade e cun sabor suave e aromático, que se consegue a partir de bagas de sabugueiro maduras e en cuxo proceso non intervén ningún tipo de conservante ou potenciador de sabor. Esta marmelada ecolóxica achega un toque distintivo a unha infinidade de pratos e receitas.
Licor de Sabugueiro Carabuñas
O noso licor de sabugueiro servirá para acompañar a sobremesa cun sabor moi particular debido a que na súa elaboración empregamos as mellores bagas maduras da nosa plantación, que son ademais maceradas en augardente galega de alta calidade. Isto conforma un produto de aroma intenso e que perdura no padal.
Bombóns de licor
O toque máis doce póñeno os nosos bombóns de delicioso praliné e licor de sabugueiro, que se presentan nun tarro reutilizable para completar un estoxo do máis coqueto.
Contido do estoxo
- Licor de sabugueiro 500 ml
- Marmelada ecolóxica de sabugueiro
- Tarro de bombóns de sabugueiro