Descripción
Este estoxo degustación de produtos Carabuñas é unha aproximación perfecta para descubrir as receitas gourmet que elaboramos a partir das bagas de sabugueiro maduras que colleitamos nas nosas plantacións de sabugueiro ecolóxico.
Licor de sabugueiro
O noso licor de sabugueiro é unha bebida única, cun aroma intenso que se mantén no padal. Elaborado de forma artesanal con bagas de sabugueiro maceradas en augardente galega, é un licor que marida fenomenal con esas sobremesas compartidas, nas que se arranxa o mundo.
Marmelada de sabugueiro
É unha marmelada ecolóxica de sabor doce e cun toque acedo de limón. Unha crema moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo. Recomendámoscha para combinar con queixos, torradas, iogures,… e tamén para receitas de carnes ao forno ou tartas.
Marmelada de sabugueiro e mazá
Unha crema equilibrada que combina o doce froito do sabugueiro coa intensa acidez e da mazá ecolóxica galega. Elaborada de forma artesanal, segundo a nosa receita propia, sen aditivos nin conservantes. Recomendada en ensaladas, xeados, iogures, queixos, patés ou carnes.
En Carabuñas elaboramos produtos gourmet e innovadores con sabugueiro, unha árbore que está moi presente na paisaxe e a cultura de Galicia.
Contido do estoxo
- Licor de sabugueiro 500 ml
- Marmelada de sabugueiro 250 gr
- Marmelada de sabugueiro e mazá 250 gr