Estoxo licor e marmeladas – Carabuñas

Pack licor e marmeladas

Preparamos esta caixa con tres dos produtos máis representativos da marca: licor de sabugueiro Carabuñas, marmelada de sabugueiro ecolóxica e marmelada de sabugueiro e laranxa ecolóxica.

Un estoxo coidado, para regalar ou para gozar ou celebrar con quen ti queiras. .

29,00

75 dispoñibles

Descripción

Este estoxo degustación de produtos Carabuñas é unha aproximación perfecta para descubrir as receitas gourmet que elaboramos a partir das bagas de sabugueiro maduras que colleitamos nas nosas plantacións de sabugueiro ecolóxico.

Licor de sabugueiro

O noso licor de sabugueiro é unha bebida única, cun aroma intenso que se mantén no padal. Elaborado de forma artesanal con bagas de sabugueiro maceradas en augardente galega, é un licor que marida fenomenal con esas sobremesas compartidas, nas que se arranxa o mundo.

Marmelada de sabugueiro

É unha marmelada ecolóxica de sabor doce e cun toque acedo de limón. Unha crema moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo. Recomendámoscha para combinar con queixos, torradas, iogures,… e tamén para receitas de carnes ao forno ou tartas.

Marmelada de sabugueiro e mazá

Unha crema equilibrada que combina o doce froito do sabugueiro coa intensa acidez e da mazá ecolóxica galega. Elaborada de forma artesanal, segundo a nosa receita propia, sen aditivos nin conservantes. Recomendada en ensaladas, xeados, iogures, queixos, patés ou carnes.

En Carabuñas elaboramos produtos gourmet e innovadores con sabugueiro, unha árbore que está moi presente na paisaxe e a cultura de Galicia.

Contido do estoxo
  • Licor de sabugueiro 500 ml
  • Marmelada de sabugueiro 250 gr
  • Marmelada de sabugueiro e mazá 250 gr

Información adicional

Peso 2 kg