Pack degustación sabugueiro

Sabugueiro gourmet

Descubre o auténtico sabor do sabugueiro con este pack degustación que reúne os produtos máis emblemáticos de Carabuñas: licor, cervexas, marmeladas e infusións.

Produtos gourmet, elaborados con agarimo e tradición. Anímaste a probalos?

39,00

Esgotado

SKU: Pack degustación sabugueiro Categorías: , , , ,

Descripción

O sabugueiro é a esencia da nosa marca Carabuñas, porque aproveitamos esta especie esquecida desde o punto de vista culinario para poñela en valor, creando cos seus froitos e flores produtos gourmet, sans e de elaboración artesanal.

O Pack Degustación Sabugueiro é unha invitación a gozar de todo o universo Carabuñas, a marca galega pioneira na recuperación do sabugueiro (Sambucus nigra).
Un lote pensado para quen quere saborear, compartir e agasallar a esencia natural e artesanal do sabugueiro en todas as súas formas.

Inclúe:

  • 1 Licor de sabugueiro 500 ml

  • 2 Cervexas artesás de sabugueiro

  • 1 Marmelada de sabugueiro

  • 1 Marmelada de sabugueiro e laranxa

  • 1 Marmelada de sabugueiro e mazá

  • 1 Infusión de flor de sabugueiro

  • 1 Bolsa de flor de sabugueiro deshidratada

Un percorrido sensorial polos matices florais, froiteiros e lixeiramente ácidos do sabugueiro, nun formato perfecto para agasallo ou para descubrir a versatilidade desta planta tan especial.