Descripción
É difícil atopar unha cesta de produtos galegos artesanais e gourmet máis completa e variada que esta. Nela quixemos xogar con toda unha gama de sabores: marmeladas, licor, viño, turrón, galletas, bombóns e queixo.
Estoxo de 3 marmeladas Carabuñas
Un pack de tres botes de marmelada ecolóxica de 180gr cada un, no que se poden gozar nosas tres variedades: sabugueiro, sabugueiro e laranxa, e sabugueiro e mazá.
Licor de Sabugueiro
O noso licor de sabugueiro, elaborado macerando as bagas de sabugueiro en augardente galega de alta calidade.
Bombóns Carabuñas
Bombóns de exquisito praliné, recheos do noso licor de sabugueiro.
Turrón Antoxo
Un turrón de chocolate e améndoas que é puro sabor. Na súa elaboración inclúense ingredientes como a pasta ou a manteiga de cacao e un chocolate e unhas améndoas de gran calidade.
Galletas Petelo
A primeira das variedades de galleta que leva esta cesta de produtos artesanais galegos son as galletas de castaña Petelo. Amasadas a man, contan co sabor incomparable que lles outorga a fariña de castaña.
Galletas Maruxío
As galletas Maruxío, conseguen un destacado produto artesán de avelá e chips de chocolate. Na súa elaboración só utilizan ingredientes ecolóxicos e, de feito, non compran ningún tipo de fariña, senón que adquiren cereal e móeno eles mesmos.
Queixo Xiros, BisQato
Para encumbrar esta fenomenal cesta temos os queixos de BisQato e O Rexo. Da queixería BisQato seleccionamos a variedade ‘Xiros’, un queixo realizado cun agarimo desmedido e que eles mesmos se encargan de moldear, voltear e envolver a man un a un. A liberdade na que pastan as súas vacas colabora na obtención dunha materia prima de excelente calidade que se converte nun produto de pasta branca e cortiza enmohecida.
Queixo de ovella semicurado O Rexo
Queixo semicurado a base de leite cru de ovella de 90 días de curación. O Rexo é un queixo artesán de sabor suave e mantecoso ao padal, elaborado ca leite das ovellas que pastan nos bosques de Allariz.
Viño Señor Cuco
Por último, o viño de Señor Cuco será o encargado de regar estes manxares. Este tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas, crianza do 2016, conta cunha cor vermella rubí con ribete violáceo. Procedente da zona de O Condado, é un caldo carnoso e con carácter e frescura atlántica. En boca prodúcese unha explosión de froitas, xa que se pode percibir un amplo abanico de aromas de froitas do bosque -mora e arandos- e de froitas vermellas -cereixa e frambuesa-, aos que hai que engadir outros achegues como a noz moscada ou a regaliz.
Esta cesta de produtos artesanais gourmet é unha mostra perfecta da calidade e o bo facer dos produtores e produtoras galegas que traballamos no sector da alimentación.
Contido do estoxo
- Licor de sabugueiro 500 ml
- Pack de tres marmeladas
- Turrón de chocolate de améndoas Antoxo
- Viño Señor Cuco
- Galletas de castaña Petelo
- Queixo BisQato
- Queixo de ovella semicurado O Rexo
- Galletas Maruxío
- Tarro de bombóns de sabugueiro