Descripción
Para elaborar a cervexa de Sabugueiro Carabuñas empregamos bagas de sabugueiro, ás que engadimos maltas das especies pilsen e aromática, ademais de lúpulo. É unha cervexa de dobre fermentación e carbonatación ténue.
A singularidade desta cervexa de sabugueiro empeza polo seu aroma moi intenso, continúa coa súa cor vermello cobrizo e remata cunha escuma de toques rosáceos na que teñen moito que ver as bagas de sabugueiro. En canto ao gusto, é un produto de sabor suave, con matices afroitados e herbáceos que deixan un resaibo agradable na boca. Un sabor diferente para os amantes da cervexa artesanal.
En Carabuñas facemos dúas cervexas ecolóxicas e artesanais: unha con flor de sabugueiro e outra con bagas de sabugueiro.
Tamén podes comprar unha caixa degustación coas dúas variedades de cervexas.
Ingredientes
- Auga
- Baga de Sabugueiro madura
- Malta de cebada
- Lúpulo