Pioneiras – Carabuñas

Pioneiras – Carabuñas

Esta cesta vén acompañada de Pioneiras, de Anaír Rodríguez. Un libro que fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

55,00

Descripción

Pioneiras na navegación, no xornalismo, na literatura. O libro Pioneiras de Anaír Rodríguez acompaña unha cesta con produtos pioneiros e naturais para toda a familia.

Viño branco Abadía de Tortoreos

Abadía de Tortoreos é un viño branco elaborado con uvas 100% Albariño e pertence á Denominación de Orixe Rías Baixas. As uvas son seleccionadas a man e destacan por unha elevada estrutura.

Pastas sabugueiro Maruxío

Podemos probar tamén as pastas de sabugueiro da marca Maruxío, feitas con espelta, fariña vexetal, anacardos, azúcar e marmelada de sabugueiro.

Marmelada de sabugueiro de laranxa

A marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas combina as nosas bagas de sabugueiro cunha selección de laranxas ecolóxicas do sur de Galicia. O seu sabor é sorprendente, cun contraste final entre a dozura do sabugueiro maduro e a acidez e amargor propios da laranxa cultivada en Galicia.

Paté de lacón con grelos Mareterra

¿Un paté de lacón con grelos? Mareterra tráenos este produto pioneiro elaborado con ingredientes naturales, sin conservantes ni aditivos, libres de gluten y lactosa.

Salchichón Porco Celta Tres Fuciños

Curado lentamente, este salchichón de porco celta está elaborado de maneira tradicional e natural, atado a man e curado lentamente.

Zamburiñas Gosto!

Rematan a cesta as nosas Zamburiñas Gosto. Conservas da ría, zamburiñas seleccionadas de alta calidade. Un produto tradicional con ingredientes naturais.

Contido da caixa
  • Viño branco Abadía de Tortoreos
  • Pastas de sabugueiro de Maruxío
  • Paté de lacón con grelos Mareterra
  • Salchichón de porco celta Tres Fuciños
  • Zamburiñas Gosto!
  • Marmelada de Sabugueiro e laranxa
  • Pioneiras, de Anaír Rodríguez

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.