Flor de sabugueiro deshidratada ecolóxica – Carabuñas

Flor de sabugueiro deshidratada

Esta bolsa é unha selección das mellores flores de sabugueiro ecolóxicas. Recollidas no punto perfecto de aroma e posteriormente deshidratadas a baixa temperatura para conservar todas as súas propiedades.

A flor de sabugueiro deshidratada Carabuñas é antiinflamatoria, antiséptica, depurativa e indicada para aliviar problemas do sistema respiratorio, a flor de sabugueiro deshidratada está pensada para ser consumida en infusión.

Elderflower. Sambucus Nigra L, variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal).

Bolsa de 30 gr.

6,95

Descripción

A flor de sabugueiro deshidratada Carabuñas é o resultado dun traballo coidado e responsable coa contorna. As flores son colleitadas no momento ideal de tenrura e aroma, e a súa deshidratación a baixa temperatura busca preservar ao máximo os seus beneficios e propiedades.

Esta flor de Sambucus Nigra L variedade Atlántica é obtida nas nosas plantacións con certificación ecolóxica, da variedade atlántica de sabugueiro, unha especie intimamente ligada a Galicia e o Norte de Portugal.

A deshidratación é unha técnica que permite conservar os alimentos dunha forma saudable, sen necesidade de aditivos nin conservantes. En Carabuñas extraemos a auga das flores de sabugueiro con baixas temperaturas, desta forma alongamos o período para consumilas en bo estado e preservamos as súas propiedades antiinflamatorias, antisépticas e depurativas.

A flor de sabugueiro deshidratada Carabuñas está pensada para ser tomada en infusión, especialmente indicada para aliviar problemas do sistema respiratorio e polo seu gran poder antiinflamatorio.

En Carabuñas apostamos polo aproveitamento do sabugueiro para a elaboración de produtos de alimentación de alta calidade. Todos os nosos cultivos de sabugueiro teñen certificación ecolóxica.

Ingredientes
  • Flores deshidratadas de Sambucus Nigra L variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal)

Información adicional

Peso 0.15 kg
Tamaño

Bolsa de 30gr, Caixa de 12 bolsas 30gr, Granel 500 gr.