O país da choiva – Carabuñas

O país da choiva – Carabuñas

Esta cesta vén acompañada de O país da choiva, unha novela infantil/xuvenil ilustrada de Miguel A. Alonso Diz na que se fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, como parte da nosa herdanza cultural en Galicia, o país da choiva. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.

55,00

SKU: O PAÍS DA CHOIVA Categorías: , ,

Descripción

Galicia é o país da choiva, un país que está a perder falantes da nosa lingua. Acompañado pola novela infantil/xuvenil de Miguel A. Alonso Diz, esta cesta vén acompañada de varias delicatessen que farán das tardes e noites de Nadal unha experiencia inolvidable.

Licor de sabugueiro Carabuñas

O licor de sabugueiro Carabuñas converteuse nun dos produtos máis apreciados da marca. É o resultado dun proceso artesanal e coidadoso. As bagas de sabugueiro colléitanse no momento exacto de maduración e mestúranse con augardente de alta calidade, obtido en Galicia por destilación tradicional en alambique de cobre. Nese momento, iníciase unha maceración lenta para que ambos produtos combinen as súas propiedades e sabor, para crear o noso licor.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

A nosa marmelada extra de sabugueiro, elaborada de forma tradicional cun 70% de froita, sen aditivos nin conservantes.

Turrón de sabugueiro Maruxío

Maruxío é un proxecto de vida que nace na Casa Terra de Rebolos. Alí elaboran, entre outros produtos, o “Turrón de sabugueiro e pergamiño de arando” que incluímos nesta cesta. Un turrón vegano, 100% artesanal, saudable e galego! Está feito cunha base de licor de sabugueiro de Carabuñas e pergamiño de arandos.

Paté de centolo Chanquete

Chanquete ten unha forma de facer conservas diferentes, con receitas únicas e con ingredientes de gran calidade. Nesta cesta incluímos o paté de centolo, elaborado coa mellor materia prima. Os seus ingredientes: centola e mexillón da Ría de Aldán (Rías Baixas, Galicia). Para gozar de todo o seu sabor, débese conservar nun lugar fresco e seco, a temperatura ambiente.

Rulo de queixo de cabra con castaña confitada de Gaia

Un anaquiño do bosque autóctono de Galicia que se integra na súa forma confitada (marrón glacé) ao queixo de cabra natural, xerando un equilibrio perfecto sobre a acidez do queixo. Un queixo untuoso, de textura cremosa con sutil sabor doce e pequenas incrustacións de marrrón glacé. Unha alternativa gluten free e de gran versatilidade para degustar.

Castañas en almíbar Souto da Trabe

Souto da Trabe é unha empresa familiar produtora de castañas ecolóxicas en A Trabe, provincia de Ourense. As condicións climáticas da zona e o chan onde se sitúan fan que as súas castañas obteñan unha maduración óptima.

Contido da caixa
  • Licor de sabugueiro Carabuñas
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas
  • Turrón de sabugueiro Maruxío
  • Paté de centolo Chanquete
  • Rulo de queixo de cabra con castaña confitada de Gaia
  • Castañas en almíbar Souto da Trabe

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.