Descripción
É a proposta perfecta para os amantes do queixo de ovella. O Ovella Curado de Quesos Feijoo é un queixo con leite de ovella 100% pasteurizada. Posúe un intenso sabor que se consegue cun tempo de maduración en adega dun mínimo de 120 días. De elaboración completamente artesanal, recolle a receita, a experiencia e o saber facer dos seus creadores.
Quesos Feijoo
Os seus queixos suman recoñecementos nos últimos anos no Concurso Internacional de Lyon ou o certame dos Cheese World Awards.
Resultados que chegan despois de setenta anos de traballo nos que, guiados por catro mestras queixeiras, coidaron a receita artesá herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova. En todo este tempo nunca se apartaron do camiño do traballo artesán, a tradición e os produtos de calidade.