Descripción
Unha caixa de produtos gourmet elaborados de forma artesanal en Galicia con materias primas da máis alta calidade. Licor, queixo, chourizo, salchichón, cervexa e marmelada pensado para compartir un momento especial, aínda que sexa na distancia.
Licor de sabugueiro
O licor de sabugueiro Carabuñas elabórase artesanalmente con augardente de uva e bagas de sabugueiro maduras. As bagas seleccionadas macéranse en augardente galego de alta calidade. Unha maceración lenta, que dá como resultado un licor de excelente calidade.
Chourizo e Salchichón de porco celta
Dous embutidos gourmet de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. A cooperativa Tres Fuciños está formada por explotacións que crían os seus animais en semiextensivo nos montes galegos, cunha alimentación que aproveita os recursos da zona, como a landra, castaña ou remolacha. Por este motivo a carne é dunha calidade excelente, algo que se nota no sabor destes embutidos.
Cervexas Carabuñas de flor e baga de sabugueiro
Dúas botellas de cervexa ecolóxica Carabuñas, unha de cada variante que embotellamos, para poder facer unha degustación e descubrir as nosas cervexas artesanais.
Queixo O Mouro, Campo Capela
O queixo semicurado O Mouro caracterízase por unha corteza dura a base de café e canela e un interior brando e cremoso con notas a iogur e nata. Está elaborado con leite cru das propias vacas da cooperativa Campo Capela. Foi premiado coa medalla de ouro no World Cheese Award 2018.
Marmelada de sabugueiro Carabuñas
O punto doce para esta cesta é a nosa marmelada de sabugueiro. Con certificación ecolóxica, elaborada de forma artesanal e cun 70% de froita.
Contido do estoxo
- Licor de Sabugueiro Carabuñas
- Chourizo porco celta Cooperativa 3 Fuciños
- Salchichón porco celta Cooperativa 3 Fuciños
- Cervexa flor de sabugueiro Carabuñas
- Cervexa baga de sabugueiro Carabuñas
- Queixo O Mouro de Cooperativa Campo Capela
- Marmelada de sabugueiro ecolóxica Carabuñas