Descripción
Este pack de produtos gourmet de Carabuñas contén unha coidada selección dos produtos máis apreciados polos nosos clientes. Entre eles destacan dous tipos de marmeladas. A primeira confitura é a de sabugueiro e laranxa, unha crema na que se combina moi ben o froito doce do sabugueiro coa acidez e o amargor típicos da laranxa ecolóxica galega. A segunda é a nosa marmelada ecolóxica de sabugueiro, que conta cun toque de limón que lle achega unha distinción especial. Ambas son elaboradas de forma artesanal, seguindo unha receita propia e pódense utilizar en ensaladas ou para tomar con iogures, xeados, tostadas, tartas, queixos, patés e mesmo carnes ao forno.
O pack inclúe a premiada xelea de Carabuñas de flor de sabugueiro, (co seu sabor intenso e a súa característica cor dourada) e un tarro dos nosos bombóns de licor de sabugueiro.
A achega líquida vén a través do licor e da infusión de flor de sabugueiro. Ambos os produtos xorden tras unha profunda e coidada selección da materia prima.
No caso do licor de sabugueiro empregamos as mellores bagas de sabugueiro maduro, que ao ser maceradas en augardente convértense nunha beberaxe única cun aroma e un sabor moi particulares.
Pola súa banda, seleccionamos as mellores flores de sabugueiro ecolóxicas da nosa plantación e as deshidratamos de forma artesanal. Por se o seu sabor non fose suficiente, esta infusión ten propiedades antiinflamatorias, antisépticas, depurativas e está indicada para aliviar problemas do sistema respiratorio.
En Carabuñas apostamos por recuperar o sabugueiro como materia prima de produtos culinarios e gourmet. Sen dúbida, este é o mellor pack degustación para gozalo, para sorprender á hora de facer un agasallo e tamén para coidar corpo e alma.
Contido do pack
- Marmelada de sabugueiro e laranxa 250 gr
- Marmelada de sabugueiro 250 gr
- Caixa de bombóns de sabugueiro 5 unidades
- Infusión flor de sabugueiro 30 gr
- Licor de sabugueiro 500 ml
- Xelea de flor de sabugueiro 180 gr