Gosto das Marías! – Carabuñas

Gosto das Marías! Carabuñas

As famosas Marías de Santiago (Maruxa e Coralia) convertíronse en dúas das personaxes máis características nas rúas da Zona Vella de Compostela. Vestindo roupas chamativas e con maquillaxe do máis vistoso, na actualidade son todo una icona da Alameda de Santiago. Agora, a cesta está iluminada polo retrato das Marías por Luz Beloso, unha preciosa lámina que lembra o corazón das Marías.

Este pack contén produtos elaborados por mulleres, ou cunha presenza da muller central no desenvolvemento do mesmo. Podemos atopar o viño branco de IXP Ribeiras do Morrazo María Soliño, viño de area elaborado coas uvas albariño e espadeiro. Estas uvas son cultivadas á beira do mar, moitas en contacto totalmente coa area, tal e como conectou María Soliño coa súa historia co mar.

O queixo artesanal de leite cru de vaca Bisqato, o paté de centolo Mar e Terra e o confit de shiitake de Shiitake Trives veñen acompañados dos rebolos de chocolate Maruxío.

Quen non quere Gosto das Marías!?

49,00

SKU: GOSTO DAS MARÍAS Categorías: , ,

Descripción

Todos sabemos que as mulleres sempre tiveron e teñen un papel central na innovación e na creatividade da nosa vida. Dende a poesía, a pintura ou na ciencia no noso país. Por iso queremos renderlles homenaxe coa cesta Gosto das Marías!

Viño de area María Soliño

O viño da IXP Ribeiras do Morrazo rende homenaxe a unha muller e á súa historia, unha terratenente galega que nun ataque dos bereberes perde ao seu marido e ao seu irmán. Levada pola pena, visita a cotío a praia onde ambolos dous perden a vida. Aproveitando a súa pena, a Inquisición e a nobreza local róubanlle todos os seus bens acusándoa de ter tratos carnais co demo nesas visitas á praia. En 1621, con 60 anos, é xulgada e torturada en Santiago ata confesar para evitar o seu martirio. Esta triste historia serve para visibilizar a penuria de María Soliño pero tamén para vincularnos ás raíces mariñeiras, coma o viño que leva o seu nome, que provén de vides a carón de Cabo Home, fronte ás cíes, onde existen uns viñedos semisalvaxes que funden as súas raíces na area en lugar de na terra, dándolle ao viño unha extraordinaria salinidade.

Confit de Shiitake

Hai unos anos, Geli González decidiu poñer en marcha a súa empresa adicada ao mundo so shiitake, buscando un produto 100% natural e como alternativa ao mundo da hostelería de onde proviña. Con moito agarimo e co coidado dunha seta milenaria, esta cesta contén o confit, ideal para quentar e gozar en guiso con cebola caramelizada.

Queixo BisQato

Este queixo procede da queixería BisQato, que nos ofrece a súa variedade ‘Xiros’, elaborada en Guitiriz (Lugo) integramente a man, moldeándoos, volteándoos e envolvéndoos un a un con todo o mimo e o máximo coidado. O pastoreo rotacional ao aire libre das vacas da granxa de Queixos BisQato garante unha materia prima de excelente calidade que se traduce nun produto de pasta branca, cortiza amofada e con moita personalidade.

Rebolos de chocolate Maruxío

Maruxío e a mestura de nomes de María e Uxío, quenes puxeron en marcha un obrador de respostería artesán de galletas elaboradas con produtos de calidade, buscando reconectar coa xente.

Paté de centolo

O paté de Centolo Mareterra é un exquisito paté da máxima calidade. O seu sabor intenso e a súa textura fan deste paté un aperitivo inigualable.

Contido da cesta
  • Botella de viño de area María Soliño, IXP Ribeiras do Morrazo
  • Queixo Xiros de BisQato
  • Paté de centolo Mareterra
  • Confit de shiitake Shiitake Trives
  • Rebolos de chocolate Maruxío
  • Marmelada de Sabugueiro e Amorodo 250g
  • Lámina das Marías de Santiago por Luz Beloso

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.