Estoxo licor, marmelada e bombóns – Carabuñas

Licor, marmelada e bombóns

Este estoxo delicatessen de produtos Carabuñas leva a nosa marmelada ecolóxica de sabugueiro, unha botella do noso licor de sabugueiro e un tarro de bombóns elaborados a partir da mesma planta. Estes tres produtos preséntanse nun coidado estoxo.

30,00

Quedan 0 Uds.

Esgotado

Categoría:

Descripción

Un estoxo con pura identidade Carabuñas, con tres dos produtos máis valorados polos nosos clientes.

Marmelada ecolóxica de sabugueiro

Unha confitura extra de alta calidade e cun sabor suave e aromático, que se consegue a partir de bagas de sabugueiro maduras e en cuxo proceso non intervén ningún tipo de conservante ou potenciador de sabor. Esta marmelada ecolóxica achega un toque distintivo a unha infinidade de pratos e receitas.

Licor de Sabugueiro Carabuñas

O noso licor de sabugueiro servirá para acompañar a sobremesa cun sabor moi particular debido a que na súa elaboración empregamos as mellores bagas maduras da nosa plantación, que son ademais maceradas en augardente galega de alta calidade. Isto conforma un produto de aroma intenso e que perdura no padal.

Bombóns de licor

O toque máis doce póñeno os nosos bombóns de delicioso praliné e licor de sabugueiro, que se presentan nun tarro reutilizable para completar un estoxo do máis coqueto.

Contido do estoxo
  • Licor de sabugueiro 500 ml
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro
  • Tarro de bombóns de sabugueiro

Información adicional

Peso 2 kg