Descripción
A cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas é un produto de elaboración artesanal e ecolóxica, no que empregamos como ingrediente principal as nosas flores de sabugueiro frescas ecolóxicas. Na nosa receita cervexeira, de dobre fermentación, engadimos maltas tostadas (das especies pilsen e aromática) e lúpulo. O resultado é unha cervexa única, cunha escuma persistente de cor dourada.
A cervexa de flor de Sabugueiro Carabuñas é moi aromática, cun cheiro doce e maltoso, propio das cervexas florais. O seu sabor é moi particular, amargo ao principio, pero cun resaibo herbáceo agradable ao padal.
En Carabuñas especializámonos na elaboración de produtos gourmet con bagas e flores de sabugueiro. Traballamos con receitas propias e apostando pola innovación, creando produtos exclusivos, coidados ata o máximo detalle.
Ingredientes
- Auga
- Flores de Sabugueiro
- Malta de cebada
- Lúpulo