CARABUÑAS; UNHA FAMILIA QUE SEGUE CRECENDO

Cando arrincou Carabuñas, “Os do Sabugueiro” eramos tan só dúas persoas que vendían os seus produtos desde Vilar de Santos, Ourense. Pouquiño a pouco, a familia de Carabuñas foi crecendo coa incorporación de tendas de alimentación e produtos gourmet, restaurantes, bares e moitos outros establecementos nos que xa están os produtos da nosa marca. Hoxe podes atopar Carabuñas en Galicia, España e Europa.

Queremos que a familia de “Os do Sabugueiro” sexa cada vez máis numerosa e siga sumando persoas e empresas que valoran o produto do rural e que aposten por un consumo ecolóxico e responsable.

Una familia
Una familia

RECOÑECEMENTO E CONFIANZA NO ARTESÁN

As marmeladas, cervexas e infusións de Carabuñas contan coa certificación ecolóxica do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). O noso licor, elaborado de forma artesanal, é un dos nosos produtos de máis éxito.

Fomos premiados en certames como o Fórum Gastronómico de A Coruña ou o Pont-Up Store de Pontevedra. Por outra parte, obtivemos o Premio iniciativas de Desenvolvemento Rural de Galicia, premio AGADER 2018. Estes recoñecementos axudáronnos a gañarnos a confianza dos nosos distribuidores, pero o que realmente conquista é a aceptación do produto por parte dos clientes.

carabuñas

Se tes un establecemento, un posto no mercado, un restaurante ou un negocio no que creas que o produto Carabuñas ten cabida, estaremos encantados de darche todas as facilidades para que formes parte de “Os do Sabugueiro”.

Podes escribirnos por WhatsApp 604 08 10 54

Queres vender Carabuñas no teu establecimento?

Enche o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo