GAL

Posts tagged " licor de Sabugueiro "

Entrevista Mumunio

Entrevista en MUMUNÍO

Setembro 24th, 2014 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Publicamos a entrevista que nos fixeron en Mumumío, un novo punto de venda de Carabuñas. En Mumumío podes conseguir unha ampla gama de produtos exclusivos (carne, peixe, froita, conservas,aceites,…) directamente do produtor, e claro o sabugueiro tamén está na listaxe.

ECommerce

Sabugueiro para comer e beber

Xullo 22nd, 2014 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Licor de sabugueiro, para tomar frío e en boa compaña.
Marmelada de sabugueiro (para os auténticos)
Sabugueiro con laranxa (para os máis amargos)
Sabugueiro con mazá e sabugueiro con marmelo (para os máis doces)

Carabuñas no Forum Gastronómico da Coruña

Febreiro 26th, 2014 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Rematou o Forúm Gastronómico que se celebrou dende domingo até o pasado martes, Carabuñas estivo presente coa súa marmelada e licor de sabugueiro.

O forúm é unha das citas máis importantes para os profesionais e amantes da do bo beber e do bo comer. Este congreso (con feira incluída) púxose en marcha no 1999 e dende entón celebrase nas cidades da Barcelona e Santiago, este ano fíxose na Coruña.

Mercado das Conservas de Galicia

Xullo 15th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Os vindeiros 20-21 de xullo Carabuñas participará no Mercado das Conservas de Galicia que se celebra en Monforte de Lemos, na praza de abastos.

Xa sabedes se queredes licor ou marmelada de sabugueiro, visitádenos.

Carabuñas en “Vivir Aquí”

Xullo 4th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

O pasado domingo,Vivir Aquí da RTVG dedicaba o programa ás Reservas da Biosfera galegas, trala declaración da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

O programa está dedicado a pequena iniciativas produtivas que se desenvolven en espazos de Reserva da Biosfera, entre elas podedes ver a Carabuñas e aos nosos compañeiros de Ecoleia (leite ecolóxico de Allariz).

Licor de sabugueiro, o segredo está na augardente.

Xuño 11th, 2013 Posted by Carabuñas, froitos silvestres, Sabugueiro No Comment yet

A augardente empregada por Carabuñas para a elaboración do licor de Sabugueiro é de alta calidade.
Eliximos coidadosamente a materia prima. A augardente é resultado do proceso tradicional do destilado do bagazo no pote, acadando un licor exquisito e único no estado.

A Taberna Acevedo e Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

A Taberna Acevedo é unha iniciativa posta en marcha a finais de 2012. Dentro da súa carta de produtos podedes degustar a marmelada de sabugueiro na táboa de queixos ou elixindo a sobremesa Iogur de cabra con marmelada de sabugueiro (mermelada da saúco).

Innovación e tradición en Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Moitas grazas ás amigas de Alimente por dedicarnos este post no seu blog.