Xelea de Flor de Sabugueiro Ecolóxica – Carabuñas

Desde: 4,50

Desde: 4,50

Gelée de sabugueiro artesanal

A xelea de sabugueiro ecolóxica Carabuñas é unha xelatina elaborada de maneira artesanal a partir da maceración de flores de sabugueiro frescas.

Un produto moi especial, de cor dourada, sabor intenso (e premiado) e textura suave. Eleva de nivel as túas receitas cun produto que sorprende ata aos padais máis gourmet.

Gelée de Flor de Sabugueiro. Premio Forum Gastronómico 2017.

4,50

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,

Descripción

A xelea de sabugueiro Carabuñas é un produto ecolóxico, froito dun proceso artesanal que se inicia coa recollida das flores de sabugueiro no seu punto óptimo: os meses de maio e xuño. Da maceración desta flor obtense esta xelea ecolóxica, de cor dourada, sabor intenso e textura suave.

As xeleas, ou gelées, son unha elaboración moi utilizada na cociña moderna e na alta cociña. A nosa gelée está elaborada de forma tradicional, tras un proceso de maceración da flor de sabugueiro. Ten unha textura xelatinosa e é unha delicia para o padal. En 2017 foi premiada no Forum Gastronómico da Coruña polo seu sabor.

Aconsellámosche probar a nosa gelée para sorprender en xeados, ensaladas, repostería e carnes.

Este é un dos produtos máis innovadores de Carabuñas. Aproveitamos o sabor e as calidades do sabugueiro para crear unha gama de produtos artesanais gourmet da máis alta calidade.

Ingredientes
  • Azucre de cana ecolóxico
  • Agar-agar ecolóxico
  • Flor de sabugueiro
  • Limón ecolóxico
  • Receita propia

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

180g, Caixa de 12 botes 180g