Descripción
O viño Señor Cuco, da Adega Entrevideiras, está formado polas variedades sousón, pedral, espadeiro e caíño. Señor Cuco é unha explosión de froitas. Froitas do bosque (amora, grosella negra e arandos), froitas vermellas (cereixa e framboesa), aos que suman notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz. Os seus matices minerais a granito fan eco do seu terroir galego –concepto que fai referencia á suma de clima, chan, variedade de uva e disposición do viñedo–.
O resultado é un viño carnoso, redondo e fresco. Posúe carácter e unha frescura atlántica característica. O seu paso por boca transporta ás froitas vermellas silvestres.
Entrevideiras Viños
Entrevideiras nace nas Neves (Pontevedra) e os seus viños forman parte da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado do Tea. É o proxecto de catro profesionais e amigos que decidiron sumar a súa experiencia e coñecementos para crear un viño que mestura técnica e tradición.