Viño Señor Cuco

Tinto D.O. Rías Baixas

Viño tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas, da subzona Condado do Tea, Señor Cuco é, sobre todo, unha explosión de froitas. Froitas do bosque e froitas vermellas, e notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz.

Gradación: 12º.

17,00

49 dispoñibles

Descripción

O viño Señor Cuco, da Adega Entrevideiras, está formado polas variedades sousón, pedral, espadeiro e caíño. Señor Cuco é unha explosión de froitas. Froitas do bosque (amora, grosella negra e arandos), froitas vermellas (cereixa e framboesa), aos que suman notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz. Os seus matices minerais a granito fan eco do seu terroir galego –concepto que fai referencia á suma de clima, chan, variedade de uva e disposición do viñedo–.

O resultado é un viño carnoso, redondo e fresco. Posúe carácter e unha frescura atlántica característica. O seu paso por boca transporta ás froitas vermellas silvestres.

Entrevideiras Viños

Entrevideiras nace nas Neves (Pontevedra) e os seus viños forman parte da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado do Tea. É o proxecto de catro profesionais e amigos que decidiron sumar a súa experiencia e coñecementos para crear un viño que mestura técnica e tradición.