Viño Señor Cuco no Carballo

Tinto D.O. Rías Baixas, 12 meses en barrica

Viño tinto que forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado do Tea. Cunha composición similar ao seu irmán o Señor Cuco, e elaborado a base das variedades sousón, pedral, espadeiro e caíño, caracterízase por pasar 12 meses en barrica.

Gradación: 12º.

16,50

Quedan 0 Uds.

Esgotado

SKU: CUCO-CARBALLO Categorías: ,

Descripción

Señor Cuco no Caraballo, de Entrevideiras Viños, está cheo de matices de froitas do bosque como as amoras, a grosella negra ou os arandos, ou froitas vermellas como a cereixa e a framboesa. Tamén están presentes notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz. As variedades de uva presentes son: sousón, pedral, espadeiro e caíño.

Entrevideiras consegue neste caso un viño carnoso, redondo e fresco. O seu carácter fórxase na barrica durante 12 meses.

Entrevideiras Viños

Os seus viños son o froito da riqueza e recursos da Comarca do Condado, provincia de Pontevedra. O proxecto xorde na localidade das Neves, e forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas. Está formado por catro profesionais e amigos que tomaron a decisión de sumar experiencia e saber facer para crear un viño único.