Descripción
Couto Mixto tinto é o resultado da mestura de uva mencía, caíño e bastardo. Posúe unha cor intensa e un aroma potente debido á uva bastardo e ao raspón que conserva durante a fermentación. O uso do raspón é complicado, porque debe estar maduro para que non se engadan sabores vexetais desagradables. En boca, é un viño con corpo, fresco e de gran aroma.
Grazas ao método biodinámico de elaboración, é máis profundo e intenso que outros viños similares. O seu aroma e sabor pode variar dun día para outro.
Couto Mixto
A adega Couto Mixto traballa sobre un chan privilexiado. As súas catro hectáreas de viñedos, están envoltas nun clima de influencia atlántico-mediterránea. No seu traballo, prestan especial atención á terra e ao proceso de elaboración. As técnicas de cultivo deben ser respectuosas co medio ambiente. Recuperan métodos tradicionais e a manipulación humana e tecnolóxica é mínima.
Entre os seus obxectivos está a recuperación de variedades autóctonas da zona de Monterrei.