Viño Couto Mixto Branco

Branco D.O. Monterrei

O viño branco Couto Mixto, da Denominación de Orixe Monterrei, elabórase a partir das uvas dona branca, godello e formosa. Un viño branco cremoso e de frescor envolvente que é difícil de esquecer.

Gradación: 13º.

19,95

Quedan 0 Uds.

Esgotado

SKU: CMIXTO BRANCO Categorías: ,

Descripción

Couto Mixto branco é un viño de terroir libre e de fraternidade galego-portuguesa. As variedades de uva falan de fronteiras comúns nos períodos históricos de maior expansión vitícola (dona branca, godello e formosa). Cultívase na raia, en Mandín, no sur de Verín. Pódese chegar a Chaves (Portugal) pola estrada ou polo río Támega a través do Regueiro dás Videiras.

Trátase dun viño de gran calidade e que está cheo de aromas, de perfumes florais, froita e herbas aromáticas.

Couto Mixto

A adega atópase nunha contorna única. Cun microclima de influencia atlántico-mediterránea, o seu chan é perfecto para o cultivo do viño. Prestan especial coidado á elaboración e empregan técnicas de cultivo respectuosas co medio ambiente.

A recuperación de variedades autóctonas da zona de Monterrei forma parte do seu traballo. Os seus viños reflicten a máxima comuñón entre a uva e o chan.