Un Querer

Amor a primeira vista

Non está na nosa man meter nunha caixa as cousas do querer, pero si que conseguimos xuntar produtos que fan ’tilín’ coma estes viños, queixos, marmelada de sabugueiro e paté de porco celta.

Unha caixa aberta a todo tipo de relacións, que enviamos no teu nome a calquera punto da península ca mensaxe que nos deixes nos comentarios do pedido. Así de fácil, coma un bo querer!

58,00

20 dispoñibles

Descripción

Amor a primeira vista por esta selección de produtos de marcas galegas con carácter, elaboración exquisita e historias que as fan únicas.

Viño Señor Cuco, tinto da D.O. Rías Baixas

Este é un brinde polas relacións que funcionan contra todos os prognósticos, como o fai este tinto nunha Denominación de Orixe coñecida polos seus viños brancos. O viño Señor Cuco pertence á subzona Condado do Tea da Denominación de Orixe Rías Baixas, xa que se elabora nas bodegas de Entrevideiras, en As Neves.

Viño branco Couto Mixto da D.O. Monterrei

Un viño branco da colleita de 2016, elaborado de xeito tradicional e honesto na bodega Francisco Pérez Diéguez. As súas uvas cultívanse en diferentes viñas da raia, nos arredores de Mandín (Verín). O viño Couto Mixto pertence á Denominación de Orixe Monterrei.

Queixo Semicurado Ibérico de Queixos Feijoo

Este semicurado galego foi galardoado en dúas ocasións coa medalla de bronce nos World Cheese Awards. Un queixo tres leites (vaca, ovella e cabra) afinado en bodega durante un mínimo de 120 días. Na queixería Feijoo levan desde 1949 elaborando queixos de forma artesanal cunha receita centenaria herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Queixo Savel de Airas Moniz

Un queixo azul exquisito, de cheiro intenso e textura untuosa que se elabora na queixería Airas Moniz con leite crú de vacas de pastoreo. En 2019 foi distinguido como Mellor Queixo Azul de España.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

A nosa marmelada extra de sabugueiro está elaborada de forma tradicional cun 70% de froita. Sen aditivos nin conservantes, conta coa certificación de produto ecolóxico.

Paté de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños

Un paté de fígado de porco elaborado pola Cooperativa Tres Fuciños, que reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. Porcos da raza autóctona ‘porco celta’, criados en liberdade e alimentados de xeito natural.

Contido da caixa
  • Viño Señor Cuco, tinto da D.O. Rías Baixas
  • Viño branco Couto Mixto da D.O. Monterrei
  • Queixo Semicurado Ibérico de Queixos Feijoo
  • Queixo Savel de Airas Moniz
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas
  • Paté de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños