Subscrición semestral (6 cestas)

Desde: 209,70

Desde: 209,70

Déixanos sorprenderte! Recibe durante 6 meses na túa casa a nosa cesta mensual cunha selección de produtos galegos de calidade elaborados por pequenas marcas produtoras galegas. Un único pago, sen permanencia e sen pagos mensuais.

Para regalar? Enviámola no teu nome durante 6 meses ao enderezo que nos indiques ao tramitar o pedido.

Que meses? Os que ti queiras. Indícanos nos comentarios os meses nos que queres recibila, non teñen por que ser todos seguidos.

ENVIO GRATIS

209,70

Limpiar

Descripción

Podes subscribirte durante 6 meses á nosa cesta mensual ou á nosa cesta familiar mensual.

Comprando esta subscrición, estás axudando á viabilidade de proxectos de pequenas marcas coma a nosa e queremos agradecer o teu apoio ofrecéndoche un pequeno desconto. O envío das 6 cestas é gratuito, recibirás un envío cada mes na túa casa, sen custos adicionais.

Os 6 meses non teñen por que ser todos seguidos, á hora de confirmar o teu pedido, indícanos nos comentarios que meses a queres recibir.

Queres regalar unha subscrición?

Un agasallo inesquecible, porque a sorpresa chega en 6 veces!. Enviaremos, nos meses que ti nos digas, unha cesta mensual de produtos no teu nome ao enderezo que nos indiques ao tramitar o teu pedido.

A persoa destinataria (ou persoas destinatarias) descubrirá unha selección diferente de produtos galegos cada mes. Ti solo terás que tramitar o pedido unha vez e facer un único pago. Sen permanencias nin complicacións.

Que contén cada cesta mensual?

Cada mes facemos unha nova proposta de cesta na nosa web, con produtos de alimentación de gran calidade, elaborados en Galicia por pequenas marcas e artesáns.

Á hora de facer a túa subscrición, podes seleccionar recibir unha das nosas dúas cestas:

Cesta mensual de produtos galegos
Podes ver a primeira das cestas que recibirías aquí.

Casta familiar mensual de produtos galegos
Podes ver a primeira das cestas que recibirías aquí.

Os produtos que seleccionamos non están dispoñibles nas grandes superficies, algunhas marcas teñen unha produción estacional ou moi limitada, polo que as nosas cestas son unha oportunidade para coñecer e descubrir máis sobre a nosa gastronomía e os produtos únicos que aquí se elaboran. Calidade garantida.

Como funciona a subscrición de 6 meses?

Acompáñanos durante 6 meses nesta viaxe de descubrimento de pequenas marcas produtoras de Galicia.

Engade esta subscrición de cesta mensual ou cesta familiar ao teu carriño e completa o pedido. En 2/3 días laborables recibirás a túa primeira cesta mensual (a que está activa neste momento e que podes ver aquí) no enderezo que nos indiques.

Nos comentarios do teu pedido, indícanos en que meses queres recibir as próximas cestas. Na primeira semana dos meses indicados, recibirás unha nova cesta no mesmo enderezo.

As cestas levan produtos diferentes que van variando en función da tempada. Un único pago, sen permanencia e sen pagos automáticos.

Se cando rematen eses 6 meses queres seguir recibindo cestas, podes volver á nosa web e facer outra nova subscrición. Non se renova automaticamente.

¿Subscribirse á cesta mensual ten desconto?

Os produtos das nosas cestas están elaborados con materias primas de calidade, moitos deles son de produción ecolóxica, elabóranse de xeito artesanal e con métodos non industriais. Isto fai que os descontos que podemos ofrecer aos nosos clientes non sexan tan espectaculares como os dos produtos que se fabrican de forma masiva e industrial, pero aínda así buscamos un equilibrio de prezos xustos tanto para os produtores/as como para clientas/es.

Se te subscribes á nosa cesta mensual, podemos facer unha previsión máis realista de cantas cestas imos necesitar cada mes e ter unha estabilidade de ingresos no tempo para este proxecto. Por este motivo, podemos axustar un pouco os prezos e ofrecer os gastos de envío da cesta gratis durante 6 meses a calquera punto da península.

¿Non queres perderte ningunha?

Se non queres estar pendente de visitar a nosa web cada mes, podemos avisarte cando lancemos unha nova cesta. Escríbenos un WhatsApp ao 604081054 ca mensaxe “Quero recibir información mensual sobre a vosa cesta”, podes facelo desde aquí.

Deste xeito, a principios de cada mes, cando publiquemos a nova cesta enviarémosche unha mensaxe para que a poidas ver.

Información adicional

Peso 4 kg
Tamaño

Cesta Familiar (6 meses), Cesta Mensual (6 meses)