Descripción
Cada unha na nosa medida, somos astronautas, somos pioneiras, avanzamos e facemos avanzar ao mundo que nos rodea. Esta é unha homenaxe ás que deixan a súa pegada e nos inspiran para avanzar.
Caderno Rosalía Astronauta
Un caderno milimetrado para tomar notas, facer bosquexos e crear inspiradas pola ilustración da súa portada, na que se pode ver a Rosalía como astronauta. Este caderno mide 12×18 cm e ten unha edición moi coidada.
Cervexa edición especial Nadal 2020
Unha edición moi limitada en formato de 750 ml da nosa cervexa de sabugueiro Carabuñas. Embotellada especialmente para estas datas e que só estará á venda ata esgotar a tirada.
Marmelada artesanal de sabugueiro Carabuñas
A nosa marmelada de sabugueiro ecolóxica elabórase de forma artesanal a base de bagas de sabugueiro maduras, sen conservantes nin potenciadores de sabor. Cun 70% de froita.
Marmelada artesanal de sabugueiro e laranxa Carabuñas
A marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas combina as nosas bagas de sabugueiro cunha selección de laranxas ecolóxicas do sur de Galicia. O seu sabor é sorprendente, cun contraste final entre a dozura do sabugueiro maduro e a acidez e amargor propios da laranxa cultivada en Galicia.
Queixo de ovella semicurado O Rexo
Queixo semicurado a base de leite cru de ovella de 90 días de curación. O Rexo é un queixo artesán de sabor suave e mantecoso ao padal, elaborado con leite de ovellas que pastan nos bosques de Allariz.
A caixa contén
- Caderno Rosalía Astronauta
- Cervexa artesanal de saúco Carabuñas Edición Limitada 750 ml
- Marmelada de saúco Carabuñas 250 g
- Marmelada de saúco e laranxa Carabuñas 250 g
- Queixo semicurado de ovella Ou Rexo