Quixera verte

Un desexo de compartir

Gosto de verte! é máis que iso, é un desexo de charlar, rir e compartir. E que mellor que facelo cos nosos produtos artesanais galegos: paté de porco celta, queixo, viño tinto, mel e zamburiñas en conserva. Lévate esta caixa cunha edición especial de bolsa de rede reutilizable.

39,00

5 dispoñibles

Descripción

Nesta caixa que convida a verse, atopamos produtos gourmet artesanais que xuntos funcionan á perfección como agasallo para os amantes dos sabores auténticos. Ademais, lévaos nunha edición especial cunha bolsa de rede reutilizable.

Paté de porco celta

A cooperativa Tres Fuciños elabora este paté de fígado de porco da raza autóctona galega ‘porco celta’. É un produto de alta calidade xa que a cría dos animais realízase en liberdade e a súa alimentación está baseada no aproveitamento dos alimentos naturais como son a castaña, a landra e a remolacha.

Queixo Bisqato

Un queixo artesanal de leite cru de vaca, elaborado no taller lácteo de Bisqato, en Guitiriz. Son queixos elaborados a man, con mimo e sumo coidado.

Viño Señor Cuco

Un viño tinto D.O. Rías Baixas elaborado na Adega Entrevideiras, nas Neves (Pontevedra).

Mel Gosto!

Mel de flores seleccionado, recollido nos apiarios da provincia de Ourense. Só mel, sen aditivos de ningún tipo.

Zamburiñas Gosto!

Conservas de zamburiñas das rías galegas seleccionadas e envasadas unha a unha. O secreto para unhas conservas de calidade: só materia prima de alta calidade. Así se conseguen unhas conservas de sabor auténtico.

Bolsa Carabuñas

Esta caixa complétase cunha bolsa de reixa reutilizable, para poder utilizar unha e outra vez.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.

Contido do lote
  • Paté de porco celta do cooperativa Tres Fuciños
  • Queixo Bisqato
  • Viño tinto Señor Cuco, D.O. Rías Baixas
  • Mel Gosto!
  • Zamburiñas Gosto!
  • Bolsa de tea reutilizable

Información adicional

Peso 1.5 kg