Descripción
Terra xorde dun proceso de volteados manuais continuos e do traballo na cámara de oreado (2 volteados ao día) e en maduración (1 volteado cada dous días). Posúe mofos naturais grazas á cava de maduración con penicilium roqueforti e penicilium candidum.
Caracterízase por ser un queixo de pasta branda e codia comestible, e a súa cremosidade varía ao longo do ano. O seu sabor é intenso, aínda que suavizado cando se come coa codia. Esa intensidade aumenta co tempo de maduración e cando a codia se pon amoniacal.
Resulta sorprendente que ten un sabor potente pero moi pouca materia graxa.
Airas Moniz
Airas Moniz representan a aposta decidida pola sustentabilidade e a calidade. Manteñen intacta a súa paixón e amor polos animais, o queixo e o mundo rural. Hoxe son os primeiros en elaborar queixo con leite cru en pastoreo de vacas Jersey. Vacas que pertencen á súa propia explotación.
Mostra desta aposta foi o cambio de raza e modelo que decidiron afrontar nos últimos anos: dunha granxa intensiva referencia en Galicia con vacas Holstein, a un modelo extensivo de pastoreo con vacas Jersey.
O seu proxecto está situado no lugar de Outeiro, Chandada, na provincia de Lugo.