Queixo Semicurado Ibérico 430g aprox – Feijoo

Queixo con mestura de 3 leites

O Queixo Semicurado Ibérico de Quesos Feijoo é un dos seus produtos estrela. Trátase dun queixo semicurado de pasta prensada elaborado con mestura de 3 leites: vaca, ovella e cabra. É un queixo afinado en adega durante un mínimo de 120 días.

O Semicurado Ibérico de Quesos Feijoo foi premiado coa medalla de bronce nos World Cheese Awards 2019-2020.

Peso aproximado: ()

14,00

3 dispoñibles

SKU: IBERICO- CUÑA Categorías: ,

Descripción

O Semicurado Ibérico é un dos produtos imprescindibles de Quesos Feijoo. É resultado da mestura de 3 leites diferentes: vaca, ovella e cabra. Afinado en adega durante un mínimo de 120 días, conséguese un queixo semicurado de pasta prensada dun sabor exquisito.

Como todas as propostas de Quesos Feijoo, é un produto artesanal que xorde nunha quesería con máis de 70 anos de experiencia.

Quesos Feijoo

Desde 1949 Quesos Feijoo creceu grazas ao traballo de catro mestras queixeiras que coidaron da receita herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Artesanía, tradición e calidade son os seus acenos irrenunciables de identidade. Traballan para que os seus queixos formen parte das celebracións e encontros en familia ou entre amigos.

Contan con diferentes recoñecementos en certames como os World Cheese Awards ou o Concurso Internacional de Lyon.