Pack queixo e marmeladas – Carabuñas

Queixo e marmeladas

Este pack de queixo e marmeladas de sabugueiro Carabuñas é a oportunidade perfecta para gozar de tres produtos delicatessen galegos: un dos mellores queixos artesanais de Galicia, premiado nos World Cheese Awards, a nosa marmelada de sabugueiro ecolóxica e nosa tamén premiada xelea de flor de sabugueiro.

20,00

87 dispoñibles

Descripción

Unha combinación tan sinxela e modesta como un queixo cunha marmelada pode converterse nun manxar para moitos padais. En Carabuñas consideramos que poucos maridan mellor que o queixo semicurado Ibérico de Queixos Feijoo, coa marmelada ou a xelea de sabugueiro de Carabuñas.

Queixo Feijoo Semicurado Ibérico

Un queixo galardoado por segundo ano consecutivo ca medalla de bronce nos World Cheese Awards. Na queixería Feijoo de Celanova elaboran un semicurado mesturando tres tipo de leite (vaca, ovella e cabra), afinado en bodega durante un mínimo de 120 días.

Para darlle aínda máis realce a este queixo, nada mellor que o sabor doce cun toque acedo de limón da marmelada de sabugueiro ou a intensidade da xelea de sabugueiro ecolóxica, un sabor que nunca deixa de sorprender aos padais máis esixentes.

Contido do estoxo
  • Queixo semicurado ibérico de Queixos Feijoo, cuña 400g
  • Marmelada de sabugueiro 180 gr
  • Xelea de flor de sabugueiro 180 gr

Información adicional

Peso 1 kg