Queixo Savel e marmeladas – Carabuñas

Queixo e marmeladas

Este pack de queixo e marmeladas de sabugueiro Carabuñas é a oportunidade perfecta para gozar de tres produtos delicatessen galegos: un dos mellores queixos artesanais de Galicia, o queixo Savel de Airas Moniz, a nosa marmelada de sabugueiro ecolóxica e a tamén premiada xelea de flor de sabugueiro.

20,00

87 dispoñibles

Descripción

Unha combinación tan sinxela e modesta como un queixo cunha marmelada pode converterse nun manxar para moitos padais. En Carabuñas consideramos que poucos maridan mellor que o queixo Savel de Airas Moniz, coa marmelada ou a xelea de sabugueiro de Carabuñas.

Queixo Savel de Airas Moniz

O proxecto queixeiro chantadino (da provincia de Lugo), que levan a cabo Ricardo, Ana e Xesús, ten como resultado un queixo ‘Savel’ obtido con leite crú de vacas da raza Jersey.

Esta é unha variedade de queixo azul cunha acusada untuosidade. De cor blanca-marfil e con vetas grises e azuladas, a predominancia do fungo Penicillium fai que sexa un queixo de sabor moi intenso e que integra á perfección os toques aromáticos dos grandes queixos azuis.

Para darlle aínda máis realce a este queixo, nada mellor que o sabor doce cun toque acedo de limón da marmelada de sabugueiro ou a intensidade da xelea de sabugueiro ecolóxica, un sabor que nunca deixa de sorprender aos padais máis esixentes.

Contido do estoxo
  • Queixo Savel de Airas Moniz
  • Marmelada de sabugueiro 180 gr
  • Xelea de flor de sabugueiro 180 gr

Información adicional

Peso 1 kg