Queixo Savel 340g aprox- Airas Moniz

Queixo azul

O Queixo Savel é un queixo azul que posúe un forte cheiro pero que destaca pola súa suavidade, elegancia e untuosidade. O tempo de maduración é de dous meses aproximadamente. Esta peza ten un peso aproximado de 340 gramos.

19,60

6 dispoñibles

SKU: SAVEL-CUÑA Categorías: ,

Descripción

Este queixo azul conta cun equilibrio perfecto de aroma e suavidade. Madura nunha cava na que se atopa o penicilium roqueforti, fungo usado na fabricación de gran variedade de queixos, especialmente nos queixos azuis. As súas vetas entre azul e gris verdoso, a cor amarela da pasta que procede das vacas Jersey en pastoreo, convérteno nun queixo único.

Airas Moniz

No lugar de Outeiro en Chantada (Lugo), nace Airas Moniz. Xorde do traballo de tres persoas que uniron o seu amor polos animais, o queixo e o mundo rural. Foron os primeiros en elaborar queixo con leite cru en pastoreo de vacas da raza Jersey, da súa propia explotación.

Nos últimos anos pasaron dunha granxa intensiva referente en Galicia con vacas de raza Holstein, a un modelo extensivo –o pastoreo– con animais da raza Jersey. A súa é unha aposta pola sustentabilidade, a natureza e a calidade.