Queixo O Mouro – Campo Capela

Queixo semicurado

O Mouro é un queixo de pasta branda elaborado con leite cru de vaca. Ten unha codia comestible que o diferencia doutros queixos e engádelle un sabor inconfundible: un toque de café e canela.

Medalla de Ouro no campionato de 2018 dos World Cheese Awards.

Peso aproximado: 400 gramos.

9,95

45 dispoñibles

Descripción

O Mouro é un queixo de autor, edición limitada. Cómese coa codia, para así apreciar todos os matices do seu sabor. Ten unha maduración de aproximadamente 20 días.

O seu interior é cremoso, de pasta branda e sabor similar ao iogur. Unha vez elaborado, con leite cru de vaca, báñase nunha infusión de canela e café que impregna a súa codia pero sen traspasar sabor ao interior, conseguindo trasladar ao padal só leves reminiscencias.

En 2018 alcanzou o maior recoñecemento no certame World Cheese Awards celebrado en Noruega: a medalla de ouro ao mellor queixo semicurado de leite de vaca. En 2017 foi o gañador do Premio á Innovación outorgado no Forum Gastronómico da Coruña.

Campo Capela

A Cooperativa Campo Capela está formada por máis de trinta familias gandeiras da Capela (A Coruña). Decidiron elaborar os seus propios produtos para sacar un maior rendemento á súa produción de leite de gran calidade e que non estaba valorada no mercado. Marcáronse uns estándares de calidade por encima dos da Unión Europea e conseguiron que os seus produtos lácteos alcanzasen cada vez máis prestixio e recoñecemento a nivel internacional.

Información adicional

Peso 0.4 kg