Descripción
Existen moitas formas de coñecer un lugar, pero ao mellor, unha das máis interesantes sexa saborealo. Iso é exactamente o que che ofrece este lote de Carabuñas, deleitarte con produtos artesáns do interior de Galicia. Nesta ocasión, xuntamos o doce de man dos produtos Carabuñas ao salgado, co queixo e os chourizos que nos ofrecen produtores artesáns da zona de Allariz.
Galletas de castañas Petelo
Galletas amasadas a man elaboradas por Petelo, especialistas en castañas. Tan artesanais que se di que non hai dous iguais.
Chourizos Sabor de Aldea
Chourizos elaborados con carne de pequenas explotacións e afumados de forma tradicional con madeira de carballo.
Queixo de ovella semicurado O Rexo
Queixo semicurado a base de leite cru de ovella de 90 días de curación. O Rexo é un queixo artesán de sabor suave e mantecoso ao padal, elaborado ca leite das ovellas que pastan nos bosques de Allariz.
Marmelada de sabugueiro Carabuñas
Marmelada artesá de bagas de sabugueiro cun 70% de froita, libre de conservantes e aditivos. Os seus ingredientes ecolóxicos achegan aromas e texturas únicos.
Bombóns de licor de sabugueiro
Bombóns de suave praliné de chocolate con licor de baga de sabugueiro, unha aposta gourmet na que xogan tres sabores: o chocolate, o licor e o aromático sabugueiro.
Contido do lote
- Caixa de galletas de castañas Petelo
- Chourizos Sabor de Aldea
- Queixo de ovella O Rexo
- Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250 g
- Caixa de bombóns Carabuñas de licor de sabugueiro