Descripción
Existen moitas formas de coñecer un lugar, pero quizais una das máis interesantes sexa saborealo. Iso é exactamente o que che ofrece este lote de Carabuñas, deleitarte con produtos artesáns do interior de Galicia, cunha presenza especial de Allariz.
Galletas de castañas Petelo
Galletas amasadas a man elaboradas por Petelo, especialistas en castañas. Tan artesanais que se di que non hai dúas iguais.
Amendoados de Allariz
Este doce de améndoas é un dos máis tradicionais de Galicia e da zona de Allariz. Elaborados de forma tradicional, con améndoa marcona, azucre e clara de ovo.
Queixo Terra de Airas Moniz
Un queixo elaborado con leite de vaca, na queixería Airas Moniz. A calidade de vida das súas vacas de pastoreo, sumado ao delicado proceso de maduración, fan deste queixo de pasta branda unha auténtica delicia.
Licor de sabugueiro Carabuñas
O noso licor máis emblemático, elaborado con bagas de sabugueiro maduras que se maceran en augardente galego de alta calidade.
Chocolate Gosto!
Redescubre o reconfortante cheiro dun chocolate á cunca elaborado en Galicia e con todo o sabor do chocolate á cunca tradicional.
Marmelada de sabugueiro Carabuñas
Marmelada extra, elaborada cun 70% de froita e ingredientes de cultivo ecolóxico. Certificada co selo CRAEGA, que regula a agricultura ecolóxica en Galicia.
Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.
Contido do lote
- Caixa de galletas de castañas Petelo
- Amendoados de Allariz
- Queixo Terra de Airas Moniz
- Licor de sabugueiro Carabuñas
- Marmelada de sabugueiro Carabuñas
- Chocolate Gosto!