Gosto de Allariz e máis alá!

Produtores Artesáns

Esta variada caixa gourmet conta cunha interesante selección de produtos artesáns que te levan de viaxe á zona de Allariz e un pouco máis alá.

32,00

6 dispoñibles

Descripción

Existen moitas formas de coñecer un lugar, pero quizais una das máis interesantes sexa saborealo. Iso é exactamente o que che ofrece este lote de Carabuñas, deleitarte con produtos artesáns do interior de Galicia, cunha presenza especial de Allariz.

Galletas de castañas Petelo

Galletas amasadas a man elaboradas por Petelo, especialistas en castañas. Tan artesanais que se di que non hai dúas iguais.

Amendoados de Allariz

Este doce de améndoas é un dos máis tradicionais de Galicia e da zona de Allariz. Elaborados de forma tradicional, con améndoa marcona, azucre e clara de ovo.

Queixo Terra de Airas Moniz

Un queixo elaborado con leite de vaca, na queixería Airas Moniz. A calidade de vida das súas vacas de pastoreo, sumado ao delicado proceso de maduración, fan deste queixo de pasta branda unha auténtica delicia.

Licor de sabugueiro Carabuñas

O noso licor máis emblemático, elaborado con bagas de sabugueiro maduras que se maceran en augardente galego de alta calidade.

Chocolate Gosto!

Redescubre o reconfortante cheiro dun chocolate á cunca elaborado en Galicia e con todo o sabor do chocolate á cunca tradicional.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

Marmelada extra, elaborada cun 70% de froita e ingredientes de cultivo ecolóxico. Certificada co selo CRAEGA, que regula a agricultura ecolóxica en Galicia.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.

Contido do lote
  • Caixa de galletas de castañas Petelo
  • Amendoados de Allariz
  • Queixo Terra de Airas Moniz
  • Licor de sabugueiro Carabuñas
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas
  • Chocolate Gosto!

Información adicional

Peso 2 kg