Planeta Bugallo – Carabuñas

Planeta Bugallo – Carabuñas

Esta caixa é un divertido combinado a nivel cósmico. Acompañado polo libro Planeta Bugallo de Raquel Castro, con ilustracións de Blanca Millán, onde se relata cando dous extraterrestres chegan á terra. Falan galego porque o galego é a lingua de todo o Universo. Procuran falantes de galego en Galicia… e cústalles atopalos.

55,00

Descripción

Un divertimento a nivel cósmico con un pouco de todo para toda a familia, acompañado polo libro infantil/xuvenil de Raquel Castro Planeta Bugallo.

Viño tinto Señor Cuco

Viño tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas, da subzona Condado do Tea, Señor Cuco é, sobre todo, unha explosión de froitas. Froitas do bosque e froitas vermellas, e notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz.

Marmelada de amorodo e flor Carabuñas

A marmelada de flor de sabugueiro e amorodos de Carabuñas non contén azucre. Está elaborada con xarope de agave, polo que é apta para persoas que non poden consumir alimentos con azucre.

A mestura de flor de saúco e amorodos resulta un sabor suave e sorprendente. Como todas as marmeladas de Carabuñas, é un produto ecolóxico e de elaboración artesanal.

Chocolate Gosto!

Poucas cousas hai tan reconfortantes como o aroma do chocolate Gosto! nun día de frío. Un chocolate de calidade e sabor tradicional para elaborar á cunca. É un chocolate de elaboración tradicional, polo que ten un sabor moito máis intenso que os industriais. Facer o chocolate á cunca é moi sinxelo, podes diluír o chocolate con auga, leite ou algunha bebida vexetal. Se o preparas con leite enteiro, conseguirás un toque graxo que o fará máis espeso e daralle un pouco máis de sabor.

Paté de porco celta Tres Fuciños

O paté de porco celta da cooperativa Tres Fuciños está elaborado con fígado e touciño do seu porco celta. O fígado posúe proteínas e achega vitaminas como a B-12, que favorece o funcionamento do sistema nervioso, e a A, esencial para a saúde de ollos e pel.

Queixo Terra

O Queixo Terra é un queixo de pasta branda e cuxa codia é comestible. Pode ser firme ou máis cremoso, en función do momento do ano no que se consuma. Destaca polo seu sabor intenso, suavizado se se come coa codia. Canto maior sexa o tempo de maduración, máis intenso é o sabor.

Snacks Mariñeiras Da Veiga

Para acompañar o paté e o queixo, que mellor ca uns snacks de Mariñeiras de Da Veiga, unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas, de forma natural. Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países.

Contido da cesta
  • Viño tinto Señor Cuco
  • Marmelada de amorodo e flor Carabuñas
  • Chocolate Gosto!
  • Snacks Mariñeiras Da Veiga
  • Paté de porco celta Tres Fuciños
  • Queixo Terra
  • Novela Planeta Bugallo, de Raquel Castro

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.