Pack Sabugueiro – Carabuñas

Produtos gourmet Carabuñas

Un pack moi completo co que gozar da esencia de Carabuñas, desde as nosas saborosas marmeladas ata os nosos delicados bombóns, pasando polas flores de sabugueiro deshidratadas (para facer infusións) e o noso singular licor de sabugueiro, extraído das mellores bagas de sabugueiro maduro.

37,50

Quedan 0 Uds.

Esgotado

Descripción

Este pack de produtos gourmet de Carabuñas contén unha coidada selección dos produtos máis apreciados polos nosos clientes. Entre eles destacan dous tipos de marmeladas. A primeira confitura é a de sabugueiro e laranxa, unha crema na que se combina moi ben o froito doce do sabugueiro coa acidez e o amargor típicos da laranxa ecolóxica galega. A segunda é a nosa marmelada ecolóxica de sabugueiro, que conta cun toque de limón que lle achega unha distinción especial. Ambas son elaboradas de forma artesanal, seguindo unha receita propia e pódense utilizar en ensaladas ou para tomar con iogures, xeados, tostadas, tartas, queixos, patés e mesmo carnes ao forno.

O pack inclúe a premiada xelea de Carabuñas de flor de sabugueiro, (co seu sabor intenso e a súa característica cor dourada) e un tarro dos nosos bombóns de licor de sabugueiro.

A achega líquida vén a través do licor e da infusión de flor de sabugueiro. Ambos os produtos xorden tras unha profunda e coidada selección da materia prima.

No caso do licor de sabugueiro empregamos as mellores bagas de sabugueiro maduro, que ao ser maceradas en augardente convértense nunha beberaxe única cun aroma e un sabor moi particulares.

Pola súa banda, seleccionamos as mellores flores de sabugueiro ecolóxicas da nosa plantación e as deshidratamos de forma artesanal. Por se o seu sabor non fose suficiente, esta infusión ten propiedades antiinflamatorias, antisépticas, depurativas e está indicada para aliviar problemas do sistema respiratorio.

En Carabuñas apostamos por recuperar o sabugueiro como materia prima de produtos culinarios e gourmet. Sen dúbida, este é o mellor pack degustación para gozalo, para sorprender á hora de facer un agasallo e tamén para coidar corpo e alma.

Contido do pack
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa 250 gr
  • Marmelada de sabugueiro 250 gr
  • Caixa de bombóns de sabugueiro 5 unidades
  • Infusión flor de sabugueiro 30 gr
  • Licor de sabugueiro 500 ml
  • Xelea de flor de sabugueiro 180 gr

Información adicional

Peso 1.9 kg