Descripción
Os amantes do queixo teñen neste pack unha opción inmellorable para dar renda ao seu pequeno vicio ou antollo. Producidos a partir de leite cru de vaca en queixerías da provincia de Lugo, cada un destes queixos ofrece un sabor diferente que fará as delicias dos padais máis exquisitos.
Queixo Terra
O queixo Terra está elaborado na queixería Arias Moniz de Chantada. Un queixo de pasta branda e corteza comestible. En función da estación do ano, podemos atopalo firme ou cremoso e destaca o seu sabor intenso, que se enmascara un pouco ao comelo coa corteza. A intensidade do seu sabor vai paralela ao seu tempo de maduración. A pesar de ser tan potente, a súa porcentaxe de materia graxa é realmente pequena, dun 28%. Outra combinación gañadora coas nosas marmeladas.
Queixo BisQato
O terceiro queixo deste pack procede da queixería BisQato, que nos ofrece a súa variedade ‘Xiros’, elaborada en Guitiriz (Lugo) integramente a man, moldeándoos, volteándoos e envolvéndoos un a un con todo o mimo e o máximo coidado. O pastoreo rotacional ao aire libre das vacas da granxa de Queixos BisQato garante unha materia prima de excelente calidade que se traduce nun produto de pasta branca, cortiza amofada e con moita personalidade.
Queixo Savel de Airas Moniz
Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.
Tres marmeladas Carabuñas
A nosa aportación ao pack son as tres variantes de marmeladas Carabuñas: de sabugueiro, de sabugueiro e laranxa, e de sabugueiro e mazá.
Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.
Contido do estoxo
- Queixo Savel de Airas Moniz
- Queixo Terra de Airas Moniz
- Queixo Xiros de BisQato
- Marmelada de sabugueiro 180gr
- Marmelada de sabugueiro e laranxa 180gr
- Marmelada de sabugueiro e mazá 180gr