Descripción
Este pack degustación gourmet de Carabuñas fará as delicias dos padais máis esixentes.
Propoñémosche empezar a cata pola nosa marmelada ecolóxica, feita con bagas de sabugueiro maduras e para a que non utilizamos ningún tipo de conservante ou potenciador do sabor. Xunto coa xelea Carabuñas, que elaboramos de maneira artesanal a partir de flores de sabugueiro maceradas, son dous produtos gourmet que serven para elevar e darlle un punto diferente a unha infinidade de pratos, xa sexa no almorzo, na comida, na merenda ou na cea.
O toque máis doce póñeno os nosos bombóns de licor de sabugueiro cunha cuberta de praliné. Finalmente, o licor de sabugueiro, indispensable para unha boa sobremesa. Este licor é a peza central do noso pack degustación gourmet, cun sabor moi particular grazas a que na súa elaboración empregamos as mellores bagas de sabugueiro maduro, que son maceradas en augardente galega de alta calidade.
Contido do estoxo
- Marmelada de sabugueiro 180 gr
- Bombóns de sabugueiro
- Licor de sabugueiro 500 ml
- Xelea de flor de sabugueiro 180 gr