Pack degustación – Carabuñas

Un pack gourmet Carabuñas

Este pack degustación gourmet de Carabuñas está pensado para regalar e para sorprender cos nosos produtos máis emblemáticos: marmelada ecolóxica, xelea de sabugueiro, licor de sabugueiro e un tarro de bombóns de licor e praliné.

30,00

98 dispoñibles

Descripción

Este pack degustación gourmet de Carabuñas fará as delicias dos padais máis esixentes.

Propoñémosche empezar a cata pola nosa marmelada ecolóxica, feita con bagas de sabugueiro maduras e para a que non utilizamos ningún tipo de conservante ou potenciador do sabor. Xunto coa xelea Carabuñas, que elaboramos de maneira artesanal a partir de flores de sabugueiro maceradas, son dous produtos gourmet que serven para elevar e darlle un punto diferente a unha infinidade de pratos, xa sexa no almorzo, na comida, na merenda ou na cea.

O toque máis doce póñeno os nosos bombóns de licor de sabugueiro cunha cuberta de praliné. Finalmente, o licor de sabugueiro, indispensable para unha boa sobremesa. Este licor é a peza central do noso pack degustación gourmet, cun sabor moi particular grazas a que na súa elaboración empregamos as mellores bagas de sabugueiro maduro, que son maceradas en augardente galega de alta calidade.

Contido do estoxo
  • Marmelada de sabugueiro 180 gr
  • Bombóns de sabugueiro
  • Licor de sabugueiro 500 ml
  • Xelea de flor de sabugueiro 180 gr

Información adicional

Peso 1.5 kg