Pack chourizos de porco celta – Tres Fuciños

Chourizos galegos de porco celta

O pack de chourizos de porco celta de Tres Fuciños é un clásico que non pode faltar en calquera cociña. Respectando a receita tradicional e afumado con leña de carballo, o seu sabor lévate directamente ás cociñas tradicionais das casas de aldea en Galicia. Os ingredientes: magro e touciño de porco, pemento e sal.

Peso aproximado: 300-350 g.

9,40

50 dispoñibles

Descripción

Tres Fuciños elabora o seu chourizo galego de porco celta seguindo a receita tradicional. Con magro e touciño de porco celta, pemento e sal, os chourizos afúmanos con leña de carballo. Envíanse envasados ao baleiro.

A calidade e o sabor xorden das súas pequenas explotacións de porco celta, con porcos criados ao aire libre. Ademais de chourizos, elaboran salchichón, xamón curado, paté, touciño e chourizo cular.

Cooperativa Tres Fuciños

O Cooperativa Tres Fuciños está integrada por produtores e produtoras que xestionan as súas explotacións de porco celta por toda Galicia. Na actualidade conta con 11 criadores localizados en Friol, A Cañiza, Outes ou Carballedo. Son explotacións tradicionais de crianza semiextensiva (ao aire libre). Os seus responsables comparten coñecementos para a mellora da crianza do porco celta.

En Tres Fuciños coñecen perfectamente o medio no que traballan e que coidan todos os días. Tamén respectan os métodos tradicionais de elaboración co obxectivo de obter a maior calidade posible.