Descripción
Os aires da provincia de Ourense enchen esta cesta para acompañar as nosas mesas con produtos ecolóxicos.
Licor de sabugueiro Carabuñas
Para esta degustación, non podía faltar o licor de sabugueiro de Carabuñas co seu aroma intenso, que se mantén durante un bo intre no padal. Un licor especial e diferente, elaborado de maneira artesanal a partir das mellores bagas de sabugueiro maduras que se maceran en aguardiante galego de alta calidade.
Queixo Ibérico Curado de Queixos Feijoo
Queixo de tres leites madurado en adega de Queixos Feijoo, unha queixería que ten como identidade: artesanía, tradición e calidade. Os seus queixos baséanse nunha receita artesá que herdaron do Mosteiro de San Salvador de Celanova.
Paté de lacón con grelos Mareterra
¿Un paté de lacón con grelos? Mareterra tráenos este produto pioneiro elaborado con ingredientes naturales, sin conservantes ni aditivos, libres de gluten y lactosa.
Castañas en almíbar Souto da Trabe
Souto da Trabe é unha empresa familiar produtora de castañas ecolóxicas en A Trabe, provincia de Ourense. As condicións climáticas da zona e o chan onde se sitúan fan que as súas castañas obteñan unha maduración óptima.
Marmelada de sabugueiro Carabuñas
A nosa marmelada extra de sabugueiro, elaborada de forma tradicional cun 70% de froita, sen aditivos nin conservantes.
Polvoróns O Apalpador Tomabi
Para acompañar este Nadal, que mellor que os polvoróns ecolóxicos O Apalpador, esa figura dun carboneiro que segundo conta a tradición, baixa en Noiteboa a facer das súas.
Contido da cesta
- Licor de sabugueiro Carabuñas
- Queixo Ibérico Semicurado de Queixos Feijoo
- Paté de lacón con grelos Mareterra
- Castañas en almíbar Souto da Trabe
- Marmelada de sabugueiro
- Polvoróns O Apalmador Tomabi
Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.