+OU!

+OU!

Os aires da provincia de Ourense traen diferentes produtos que unen a tradición e a innovación xunto co cultivo e produción ecolóxica.

Esta cesta inclúe o licor de sabugueiro, así como paté de Mareterra, as castañas pilongas de Souto da Trabe, o lomo curado de Serrado Larouco, as galletas de castañas de Petelos e o shiitake ao natural de Shiitake Trives. Toda unha explosión de sabores da terra.

59,00

Descripción

Unha evolución da cesta OU! con diferentes produtos ecolóxicos e naturais da provincia de Ourense.

Licor de sabugueiro Carabuñas

O licor de sabugueiro Carabuñas converteuse nun dos produtos máis apreciados da marca. É o resultado dun proceso artesanal e coidadoso. As bagas de sabugueiro colléitanse no momento exacto de maduración e mestúranse con augardente de alta calidade, obtido en Galicia por destilación tradicional en alambique de cobre. Nese momento, iníciase unha maceración lenta para que ambos produtos combinen as súas propiedades e sabor, para crear o noso licor.

Queixo Ibérico Curado de Queixos Feijoo

Queixo de tres leites madurado en adega de Queixos Feijoo, unha queixería que ten como identidade: artesanía, tradición e calidade. Os seus queixos baséanse nunha receita artesá que herdaron do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Marmelada de sabugueiro ecolóxica Carabuñas

A marmelada de sabugueiro de Carabuñas é un produto ecolóxico, elaborado de maneira artesanal a partir de bagas de sabugueiro seleccionadas no seu punto óptimo de maduración. É unha marmelada de sabor suave, xa que á dozura propia do sabugueiro maduro engádeselle limón para achegar un toque de acidez e amargor. Esta suma de ingredientes convértea nunha crema aromática, moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo. Unha marmelada gourmet e saudable, elaborada en Galicia, con ingredientes ecolóxicos de proximidade, como o agar-agar. Recomendamos o consumo da nosa marmelada de sabugueiro acompañando iogures, queixos, tostas e torradas, carnes ao forno ou para receitas de tartas e doces.

Paté de lacón con grelos Mareterra

¿Un paté de lacón con grelos? Mareterra tráenos este produto pioneiro elaborado con ingredientes naturales, sin conservantes ni aditivos, libres de gluten y lactosa.

Castañas pilongas Souto da Trabe

Souto da Trabe é unha empresa familiar produtora de castañas ecolóxicas en A Trabe, provincia de Ourense. As condicións climáticas da zona e o chan onde se sitúan fan que as súas castañas obteñan unha maduración óptima.

Lomo curado Serra do Larouco

Elaborado a partir de lomos de porco seleccionados que unido a un proceso de curación natural provocan que este produto teña un sabor tradicional e característico.

Polvoróns O Apalmador Tomabi

Para acompañar este Nadal, que mellor que os polvoróns ecolóxicos O Apalpador, esa figura dun carboneiro que segundo conta a tradición, baixa en Noiteboa.

Galletas de castañas Petelo

Galletas amasadas a mano elaboradas por Petelo, especialistas en castañas. Tan artesanales que se dice que no hay dos iguales.

Shiitake ao natural de Shiitake Trives

Hai unos anos, Geli González decidiu poñer en marcha a súa empresa adicada ao mundo so shiitake, buscando un produto 100% natural e como alternativa ao mundo da hostelería de onde proviña. Con moito agarimo e co coidado dunha seta milenaria, esta cesta contén shiitake ao natural 100% cultivado en Galicia

Contido da cesta

  • Licor de sabugueiro
  • Marmelada de sabugueiro ecolóxica
  • Paté de lacón con grelos Mareterra
  • Castañas pilongas Souto da Trabe
  • Queixo Ibérico Semicurado Queixos Feijoo
  • Lomo curado Serra do Larouco
  • Polvoróns O Apalpador
  • Galletas de castañas Petelos
  • Shiitake ao natural de Shiitake Trives

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.