Culto ao ‘Entroido’ + ‘Non pare a festa’

72,00

72,00

Non pare a festa

Nesta versión da nosa caixa de culto ao Entroido, invocamos as figuras principais do mesmo con produtos artesáns típicos desta época, o noso licor de sabugueiro, unha tarxeta ilustrada ca figura que ti escollas e o libro ‘Non pare a festa’.

Unha caixa preparada con espíritu de Entroido, porque ainda que sexa na casa, sen Entroido non quedamos.

72,00

Limpiar

Descripción

Á nosa caixa de Culto ao Entroido, engadímoslle o libro ‘Non pare a festa’, unha viaxe polas diferentes personaxes e lugares do Entroido galego.

Libro ‘Non pare a festa’, Edicións Xerais

Este libro de Ramón D. Veiga é a continuación de ‘É tempo de Entroido!’. Os máis pequenos e os que non o son tanto, desfrutarán cas ilustracións de David Sierra neste percorrido polas tradicións do Entroido de Riós, Boborás, Viana, Celanova, Esgos, A Veiga ou Buxán.

A nosa caixa de culto ao Entroido e á gastronomía desta época do ano, suma así unha lectura que conta incluso ca súa propia banda sonora, composta por ‘Os Amigos dos Músicos’ e que se pode escoitar aquí.

Salchichón de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños

Un salchichón gourmet de porco da raza autóctona galega ‘porco celta’. Na cooperativa Tres Fuciños crían os seus animais en semiextensivo, nos montes galegos e cunha alimentación que aproveita os recursos da zona como a landra, a castaña ou a remolacha.

Chourizo cular de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños

Un chourizo elaborado con carne de porco celta criado en liberdade nos soutos e carballeiras de Galicia. O seu sabor é o resultado da mellor tradición, a de elaborar os produtos con carne dunha calidade excelente.

Licor de Sabugueiro Carabuñas

Nun lote de culto ao Entroido, non pode faltar un brinde co noso licor elaborado macerando as bagas de sabugueiro en augardente galega de alta calidade.

Queixo Feijoo Semicurado Ibérico

Un queixo que conseguiu por segundo ano consecutivo a medalla de bronce nos World Cheese Awards. Na queixería Feijoo de Celanova elaboran un semicurado con mestura de tres leites (vaca, ovella e cabra), afinado en adega durante un mínimo de 120 días.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

Nada mellor para poñer o contrapunto doce ao queixo semicurado que a nosa marmelada de sabugueiro. Con certificación ecolóxica, elaborada de forma artesanal e cun 70% de froita.

Bica de mazá con canela – Faragullas

A bica é un dos postres tradicionais do Entroido. Esta bica de mazá e canela está elaborada en Vilar de Santos, no forno tradicional de Faragullas.

Tarxeta de culto ao Entroido

Hai cousas que non se poden disfrazar, e o amor polas nosas tradicións é unha delas. Deseñamos tres tarxetas ilustradas invocando a tres persoeiros moi venerados nestas datas e dos que somos firmes crentes: Cigarróns, Pantallas e Peliqueiros. Selecciona a túa favorita e engadirémola na túa caixa de culto ao Entroido.

Contido da caixa
  • Libro ‘Non pare a festa’ de Ramón Veiga e David Sierra en Xerais
  • Salchichón de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños
  • Chourizo cular de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños
  • Licor de Sabugueiro Carabuñas
  • Queixo Semicurado Ibérico de Quesos Feijoo
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas
  • Bica de mazá e canela de Faragullas
  • Tarxeta de culto ao Entroido

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

Tarxeta Cigarrón Verín, Tarxeta Pantalla Xinzo, Tarxeta Peliqueiro Laza