Nadal – Na casa

Con Queixo O Mouro e Sabor de Aldea

Este lote é unha invitación para desfrutar do tempo na casa con produtos de pequenas marcas galegas que apostan polo rural e o aproveitamento dos nosos recursos.

Acompañamos os nosos produtos –marmelada de sabugueiro, marmelada de sabugueiro e laranxa e as nosas cervexas de flor e baga de sabugueiro–, do excelente Queixo O Mouro (premiado nos World Cheese Awards) e os riquísimos chourizos de Sabor de Aldea. Que máis se pode pedir?

35,00

10 dispoñibles

Descripción

O noso lote ‘Na casa’ recolle sabores únicos, nosos, de proxectos que coñecen e aproveitan ao máximo as nosas materias primas.

Queixo O Mouro

Neste lote tedes a oportunidade de descubrir o excelente Queixo semicurado O Mouro. É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das súas propias vacas. Medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards 2018.

Chourizos Sabor de Aldea

Acompañámolo dos chourizos de Sabor de Aldea; coidan ao máximo as materias primas que utilizan para conservar o sabor tradicional. Os seus ingredientes: carne de porco 100%, pemento, sal, ourego e allo.

Marmeladas ecolóxicas Carabuñas

‘Na casa’ tamén poderás gozar das nosas marmeladas ecolóxicas de sabugueiro e de sabugueiro e laranxa. Elaboradas de forma artesanal, cun 70% de froita e sen aditivos.

Cervexas artesanais Carabuñas

Unha degustación das nosas cervexas artesanais e ecolóxicas, elaboradas con flor e con baga de sabugueiro.

Contido do estoxo
  • Queixo O Mouro, Campo Capela
  • Chourizos Sabor de Aldea
  • Marmelada de sabugueiro 250 gr
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa 250 gr
  • Cervexa de bagas de sabugueiro 33 cl.
  • Cervexa de flor de sabugueiro 33 cl.

Información adicional

Peso 2 kg