Nadal – Feliz Ano

Un agasallo especial

Envía ese detalle especial para felicitar as festas e alegrarlle o ano que empeza. Un lote gourmet con produtos delicatesen elaborados en Galicia por pequenas marcas locais. Licor, queixo, chourizo, salchichón, cervexa e marmelada para darse unha homenaxe.

49,00

22 dispoñibles

Descripción

Unha caixa de produtos gourmet elaborados de forma artesanal en Galicia con materias primas da máis alta calidade. Licor, queixo, chourizo, salchichón, cervexa e marmelada pensado para compartir un momento especial, aínda que sexa na distancia.

Licor de sabugueiro

O licor de sabugueiro Carabuñas elabórase artesanalmente con augardente de uva e bagas de sabugueiro maduras. As bagas seleccionadas macéranse en augardente galego de alta calidade. Unha maceración lenta, que dá como resultado un licor de excelente calidade.

Chourizo e Salchichón de porco celta

Dous embutidos gourmet de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. A cooperativa Tres Fuciños está formada por explotacións que crían os seus animais en semiextensivo nos montes galegos, cunha alimentación que aproveita os recursos da zona, como a landra, castaña ou remolacha. Por este motivo a carne é dunha calidade excelente, algo que se nota no sabor destes embutidos.

Cervexas Carabuñas de flor e baga de sabugueiro

Dúas botellas de cervexa ecolóxica Carabuñas, unha de cada variante que embotellamos, para poder facer unha degustación e descubrir as nosas cervexas artesanais.

Queixo Feijoo Semicurado Ibérico
Un queixo galardoado por segundo ano consecutivo coa medalla de bronce nos World Cheese Awards. Na queixería Feijoo de Celanova elaboran un semicurado con mestura de tres leites (vaca, ovella e cabra), afinado en adega durante un mínimo de 120 días.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

O punto doce para esta cesta é a nosa marmelada de sabugueiro. Con certificación ecolóxica, elaborada de forma artesanal e cun 70% de froita.

Contido do estoxo
  • Licor de Sabugueiro Carabuñas
  • Chourizo porco celta Cooperativa 3 Fuciños
  • Salchichón porco celta Cooperativa 3 Fuciños
  • Cervexa flor de sabugueiro Carabuñas
  • Cervexa baga de sabugueiro Carabuñas
  • Queixo Semicurado Ibérico de Queixos Feijoo
  • Marmelada de sabugueiro ecolóxica Carabuñas

Información adicional

Peso 2.2 kg